Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2014/166-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/166-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Toba de Arriba.

Situación: concello de Cee.

Características técnicas:

LMT subterránea a CTC Toba de Arriba a 20 kV, cunha lonxitude de 1,226 m, coa orixe en cela de liña existente no CT Bazarra (expediente 266/09), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al) e final no CTC Toba de Arriba proxectado.

CT prefabricado Toba de Arriba, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20,000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 6 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña