Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2014/41-2, 8177 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Granja San Lorenzo, S.C.

Domicilio social: A Mouxueira, s/n.

Denominación: liña de media tensión soterrada en 20 kV e centro de transformación de 400 kVA para subministración eléctrica a unha fábrica de alimentos de orixe natural para animais.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas:

LMT soterrada a 20 kV consistente en anelar na LMTS existente no polígono da Pastoriza o CS e o CT proxectado, cunha lonxitude de 270 metros en condutor tipo RHZ1-150 mm.

Centro de seccionamento no límite da parcela en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con relé.

Centro de transformación en edificio prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de novembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo