Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 19 de setembro de 2014, relativa ao proxecto do parque eólico Cordal-Ousá, nos concellos do Begonte, Friol e Outeiro de Rei (Lugo), promovido por Eólica de Cordales, S.L.

Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en data 19 de setembro de 2014, relativa ao proxecto do parque eólico Cordal-Ousá, nos concellos do Begonte, Friol e Outeiro de Rei (Lugo), promovido por Eólica de Cordales, S.L., e que se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

E nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo de San Caetano, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas