Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48814

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6026/2012 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 6026/2012

Xulgado de orixe/autos: demanda 436/2012 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Construcciones y Estructuras Ourense, S.L.

Avogada: Manuela Fernández Cougil

Procuradora: María Montserrat López Rodríguez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Pérez Sánchez

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…)

María Isabel Freire Corzo, secretaria do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 6026/2012, promovido por Construcciones y Estructuras Ourense, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Pérez Sánchez, sobre recarga de accidente, con data 30 de setembro de 2014 ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa Construcciones y Estructuras Ourense, S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, de data 26 de setembro de 2012, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorre.

Decrétase a perda do depósito constituído para recorrer.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a José Pérez Sánchez, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na estrada de Piñor, número 9, baixo, Barbadás, Ourense, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou trátese de emprazamento, expido e asino a presente.

A Coruña, 6 de novembro de 2014

A secretaria xudicial