Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 27 de novembro de 2014 Páx. 48789

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de novembro de 2014 de modificación da Orde do 14 de agosto de 2014 pola que se modifican os concertos educativos con centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial, formación profesional básica e ciclos de formación profesional de grao medio e superior.

En virtude da Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de agosto de 2014 modifícanse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial, formación profesional básica e ciclos de formación profesional de grao medio e superior (Diario Oficial de Galicia número 155, do 18 de agosto), aprobados pola Orde do 9 de agosto de 2013.

Nos anexos II.d) e II.e) da devandita orde, relativos ás modificacións no concerto de ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior de formación profesional, advertíronse uns erros materiais que é necesario rectificar.

En consecuencia, de conformidade coa Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de febreiro de 2013 (DOG número 62, do 1 de abril) pola que se establecen as normas para a aplicación, a partir do curso académico 2013/14, do réxime de concertos educativos previstos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e en aplicación do artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Primeiro. Corrixir os erros advertidos no anexo II.d) da Orde do 14 de agosto
de 2014 substituíndo a modificación publicada para o centro privado concertado San Miguel de Vigo pola que se inclúe como anexo I desta orde.

Segundo. Corrixir o anexo II.e), da devandita orde, engadindo nel o centro que se detalla no anexo II desta orde.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

36011348

San Miguel

Vigo

Pontevedra

Concertar o 1º curso de Instalacións de Telecomunicacións (1 unidade)

Suprimir o concerto do 1º curso de Equipos Electrónicos de Consumo (1 unidade)

ANEXO II

Código

Denominación do centro

Concello

Provincia

Modificación

36011191

Montecastelo

Vigo

Pontevedra

Concertar o 2º curso de Automatización e Robótica Industrial (1 unidade)

Suprimir o concerto do 2º curso de Mantemento Electrónico (1 unidade)