Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a proposta de deslindamento parcial do monte veciñal en man común de Negradas, dos/das veciños/as de Negradas, con propiedades particulares, no concello de Guitiriz.

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade da proposta de deslindamento parcial do monte veciñal en man común (MVMC) de Negradas con propiedades particulares.

O 25 de xuño de 2014 foi presentada a proposta de deslindamento parcial do MVMC de Negradas con propiedades particulares da parroquia de Vilar, cun plano topográfico realizado por técnico competente.

Xunto coa proposta de deslindamento consta o acordo da asemblea do 18 de febreiro de 2013, en que a comunidade de Negradas lle dá a súa aprobación.

Con data do 9 de setembro de 2014, o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC.

O plano topográfico e a restante documentación desta proposta de deslindamento parcial estarán dispoñibles, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo 2º. Este expediente poderá ser examinado polas persoas interesadas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Contra a dita proposta, no prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderanse presentar alegacións e títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios estremeiros ante a comunidade propietaria do monte de Negradas.

Lugo, 7 de novembro de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo