De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase á entidade que se relaciona no anexo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado, a resolución ditada no procedemento sancionador PO-2013/08, por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
O importe da sanción farase efectivo, mediante ingreso na conta restrinxida de recadación de multas e sancións, a favor do Tesouro da Facenda galega, en calquera das oficinas das entidades bancarias de Abanca, BBVA ou de Banesto, facendo constar o número de expediente, no prazo establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas oficinas da Dirección Xeral de Comercio, sita no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 5, 3ª planta, de Santiago de Compostela.
Despois de transcorrer o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro).
Non obstante o anterior, contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela ou da circunscrición correspondente ao domicilio da entidade, sempre que radique en Galicia, á súa escolla, no prazo de dous meses contados desde esa data.
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014
Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio
ANEXO
Número de expediente: PO-2013/08.
Nome: Corbatería Española, S.L. titular do establecemento Guardanés.
CIF: B80833460.
Enderezo: Marqués de Valladares, 14, 36201 Vigo (Pontevedra).
Precepto cualificador infracción: artigo 44.2 e 44.3 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
Sanción: multa de mil cincocentos un euros (1.501,00 euros).