Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2014/154-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CT Estractos-CR Ribeira (peche Narón-Xubia).

Situación: Narón (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada CT Estractos-CR Ribeira, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,487 km, coa orixe no paso aéreo-soterrado para realizar en apoio existente nº 39 da LMT CRN-707A, onde actualmente se realizan os pasos aéreo-soterrados da LMTS CRN-707A (expediente 217/08) a CT Estractos (expediente 341/00) e da LMTS CRN-707A (expediente 326/04) a CT Estrada de Castela 906 (expediente 251/07), en condutor RHZ1-20L-12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en cela de liña telecontrolada proxectada no CR Ribeira (expediente 24/02).

Celas de media tensión en CR Ribeira, tipo modulares telecontroladas con envolvente métalica de illamento SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 29 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña