Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, notifícaselle a Manuel López Cabanas, en representación da Asociación Protectora de Animais Terracan, a resolución do procedemento de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte día ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio do anuncio no seu taboleiro de anuncios.

Contra a resolución do expediente referido, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, conforme o disposto nos artigos 114 e 155 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza