Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 10 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/CAL/2014/00045, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado, co último domicilio coñecido no polígono industrial do Pousadoiro, parcela 1, Merille, no concello de Ourol (Lugo), a resolución que inadmite a trámite o recurso de alzada CAL/2014/00045, formulado contra a resolución do secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas do 7 de abril de 2014, pola que se impón unha sanción polo importe de 9.001,00 €, como consecuencia da comision dunha infracción grave tipificada no artigo 46.3.a) da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, cuxa súa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Inadmitir a trámite o recurso de alzada nº RA/CAL/2014/00045 interposto por Luis Jorge Vega Fissure, en representación da mercantil Maprimetal 2000, S.L. contra a Resolución do 7 de abril de 2014 do secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no procedemento sancionador LU-RES-2013-117.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela só cabe recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, faise saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor, durante un prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao do remate do prazo sinalado para o exame do expediente ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas