En virtude da Resolución do 19 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 25 de novembro), aprobáronse e fixéronse públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.
Unha vez advertido que unha aspirante incluída como admitida con carácter definitivo na dita resolución non cumpría o requisito de titulación exixido na Orde do 20 de xuño de 2013 para participar no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Excluír a aspirante Sonia López Fernández, con DNI 33326209-Z, do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde de 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño).
Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o/a conselleira competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda