Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48546

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1333/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1333/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Romero Calvelo contra Talleres Rendal, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decisión.

1º. Que estimando a demanda formulada por María Romero Calvelo contra a empresa Talleres Rendal, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.144,28 que lle debe en concepto de salarios e ademais 481,73 euros, en concepto de xuros moratorios.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6, inciso primeiro, da LXS e artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e advírtase que contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que puidese caber polos motivos recollidos no artigo 191.3.b), d) ou e) da LRXS, no caso dos supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Rendal, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de novembro de 2014

Secretario xudicial