Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48631

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación, para a contratación dun seguro de asistencia sanitaria para o persoal desta deputación.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, dun seguro de asistencia sanitaria para o persoal da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 249.984,00 € (IVE e demais tributos incluídos), para toda a duración do contrato (catro anos), a razón de 62.496,00 €/ano. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 31 75 40 e fax: 988 31 75 02 ou na páxina web da Deputación www.depourense.es.

Ourense, 7 de novembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense