Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48632

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da oferta ordinaria de emprego público 2013.

No BOP de Ourense do 4 de novembro de 2014 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2013 (corrección de erros no BOP de Ourense do 13 de novembro de 2014).

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2013.

a) Cadro de persoal:

Inclúese a seguinte praza de funcionario de acceso libre:

– Unha (1) praza de técnico especialista en xestión orzamentaria e contable, subgrupo A2, escala de Administración xeral, subescala de xestión. Oposición libre. Título universitario de licenciado, enxeñeiro, arquitecto, enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou grao ou equivalente. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso por promoción interna vertical:

– Dúas (2) prazas de administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de bacharel, técnico ou equivalente ou coa titulación do subgrupo C2 (título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente) pero cunha antigüidade de dez (10) anos na escala de procedencia ou cinco (5) anos se contan con cursos de formación específica sobre xestións e técnicas e organización do traballo administrativo ou réxime administrativo impartidos por esta deputación, conforme o disposto no artigo 61 da Lei 42/1994. Certificado de perfeccionamento en lingua galega ou Celga 4.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación durante o prazo dos vinte (20) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas da Deputación e na páxina web da Deputación Provincial. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame, polos seguintes importes, xuntándolle á solicitude o correspondente xustificante: para as prazas do grupo A2 ou asimiladas: 13,52 euros, e para as prazas do grupo C1 ou asimiladas: 7,51 euros.

A Deputación facilitará copia das bases e do modelo oficial de solicitudes nas oficinas do Rexistro Xeral; rúa Progreso, 32 (Ourense), e tamén desde a páxina web www.depourense.es.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, na páxina web www.depourense.es e no BOP de Ourense cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 14 de novembro de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense