Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do centro de manobra e punto fronteira de distribución Mourelle, no concello de Mondariz, do que resulta como beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L. (expediente IN407A 2014/105-4).

A instalación denominada de centro de manobra e punto fronteira de distribución Mourelle, no concello de Mondariz, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 21 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados. Ten a condición de beneficiaria a empresa Eléctrica de Moscoso, S.L.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 10 de decembro de 2014, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Mondariz.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 31 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Centro de manobra e punto fronteira de distribución Mourelle

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

CP-Concello

Nº apoio

m2 chan

Concello do proxecto

1

Pontellón da Machada

Pastos

Hrdos. José Lorenzo Alén

Descoñecido

Descoñecido

CM

45

Mondariz