Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LRD-02/14 e dous máis, de requirimento de pagamento de débedas.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefe da Área Provincial do IGVS.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo; Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 30 de outubro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: LRD-02/14.

Interesada: comunidade hereditaria de Rosalía Díaz Fol.

Último enderezo conocido: Armórica, 67-1º B, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-07/14.

Interesada: Manuela Feás López.

Último enderezo conocido: A Pinguela, portal 1-5º D, Monforte de Lemos.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expediente: LRD-017/14.

Interesados: Armando Yáñez Díaz e Carmen Modia López.

Último enderezo conocido: Aquilino Iglesia Alvariño, 1, portal 3-1º D, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.