Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 25 de novembro de 2014 Páx. 48617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes LRD-047/14 e LRD-080/14, de requirimento de pagamento de débedas.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefe da Área Provincial do IGVS.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo; Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, nº 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 27 de outubro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expedientes: LRD-047/14.

Interesada: M. Eugenia González Alba.

Último enderezo conocido: San Eusebio, nº 18, La Bañeza (León).

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.

Expedientes: LRD-080/14.

Interesado: Rafael Monteiro Vargas.

Último enderezo conocido: O Pedregal, nº 3, 1º B, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de pagamento de débedas.