Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48428

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (250/2014).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente, anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de Laura Yelitza Martínez Cisneros fronte a Ricard Oswaldo Álvarez Machado, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza 155/2014.

Ourense, 21 de xullo de 2014.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal, rexistrados co número 250/2014, seguidos por iniciativa de Laura Yelitza Martínez Cisneros, quen actúa representada pola procuradora María Ángeles Sousa Rial e defendida polo letrado Ángel García González, contra Richard Oswaldo Álvarez Machado, en situación de rebeldía procesual. Versan os presentes autos sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Que desestimando a demanda presentada pola procuradora María Ángeles Sousa Rial, en representación de Laura Yelitza Martínez Cisnero, contra Richard Oswaldo Álvarez Manzano, absolvo o dito demandado das pretensións exercidas contra el.

As custas impóñenselle á demandante.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtase que é firme (artigo 455 da LAC).

Así o acorda, manda e asina María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense.

E ao estar o demandado, Ricard Oswaldo Álvarez Machado, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 21 de xullo de 2014

A secretaria xudicial