Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2014/146).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CT Ciudad Jardín-CT A Pallota.

Situación: Ferrol (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada CT Ciudad Jardín, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,834 km, coa orixe en cela existente no CT Ciudad Jardín (expediente 238/2006), en condutor RHZ1-20L-12/20 kV, 3 (1×240 mm2 Al), e final en cela de liña existente no CT A Pallota (expediente 11.726).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 28 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña