Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello das Pontes (expediente IN407A 2014/153-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S. A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS e CT na avenida Habana.

Situación: As Pontes (A Coruña).

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,388 km, coa orixe en empalmes para realizar na LMTS MOL-825, entre o CT Edificio Miansa e o CT rúa Fábrica, conductor tipo RHZ1 12/20 kV 1×240 Al, e final en conexión en celas de media tensión do CT rúa Fabrica, tras realizar entradas e saídas no CT proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 28 de outubro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña