Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 24 de novembro de 2014 Páx. 48383

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Academia A Mariña.

3. Datas:

Decembro 2014: 10, 11, 12, 13, 15, 16, 17, 18, 19, 20 e 22.

4. Lugar de realización:

Academia A Mariña

Avenida Arcadio Pardiñas, nº 44, entresollado

27880 Burela (Lugo)

5. Número de prazas:

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa:

Día 10.12.2014

18.00-19.30 horas

Presentación do curso: obxectivos e programa formativo; temporalización e dinámica de grupo (toma de contacto).

19.30-20.00 horas

Praguicidas. Clasificación.

20.00-20.15 horas

Descanso.

20.15-22.30 horas

Praguicidas. Clasificación.

Día 11.12.2014

18.00-20.00 horas

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

20.00-20.15 horas

Descanso.

20.15-21.45 horas

Xeneralidades e modo de acción. Toxicidade. Lexislación.

21.45-22.30 horas

Transporte, almacenamento, distribución e venda I. Lexislación I.

Día 12.12.2014

18.00-20.00 horas

Transporte, almacenamento, distribución e venda II. Lexislación II.

20.00-20.15 horas

Descanso.

20.15-21.30 horas

Transporte, almacenamento, distribución e venda II. Lexislación II.

21.30-22.30 horas

Formulacións I. Preparación I. Equipamentos de aplicación I.

Día 13.12.2014

9.00-11.45 horas

Formulacións II. Preparación II. Equipamentos de aplicación II.

11.45-12.00 horas

Descanso.

12.00-13.15 horas

Formulacións II. Preparación II. Equipamentos de aplicación II.

13.15-14.00 horas

Pragas de roedores I. Estudo dos roedores I.

15.00-15.00 horas

Descanso.

15.00-16.45 horas

Pragas de roedores II. Estudo dos roedores II.

16.45-17.00 horas

Descanso.

17.00-18.00 horas

Raticidas para ratas e ratos I. Desratización activa e pasiva I.

Día 15.12.2014

18.00-20.00 horas

Raticidas para ratas e ratos II. Desratización activa e pasiva II.

20.00-20.15 horas

Descanso.

20.15-20.45 horas

Raticidas para ratas e ratos II. Desratización activa e pasiva II.

20.45-22.30 horas

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo. Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

Día 16.12.2014

18.00-20.00 horas

Desinfección I. Produtos usados I. Técnicas I.

20.00-20.15 horas

Descanso.

20.15-22.30 horas

Desinfección I. Produtos usados I. Técnicas I.

Día 17.12.2014

18.00-19.45 horas

Desinfección II. Produtos usados II. Técnicas II.

19.45-20.00 horas

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

20.00-20.15 horas

Descanso.

20.15-21.30 horas

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

21.30-22.30 horas

Eliminación de restos de envases I. Lexislación I.

Día 18.12.2014

18.00-20.00 horas

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

20.00-20.15 horas

Descanso.

20.15-22.30 horas

Eliminación de restos de envases II. Lexislación II.

Día 19.12.2014

18.00-18.45 horas

Eliminación de restos de envases III. Lexislación III.

18.45-20.00 horas

Precaucións e normas de seguridade I.

20.00-20.15 horas

Descanso.

20.15-22.30 horas

Precaucións e normas de seguridade I.

Día 20.12.2014

9.00-11.30 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

11.30-11.45 horas

Descanso.

11.45-12.15 horas

Precaucións e normas de seguridade II.

12.15-14.00 horas

Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

14.00-15.00 horas

Descanso.

15.00-16.45 horas

Equipamentos de protección persoal II. Saúde laboral II.

16.45-17.00 horas

Descanso.

17.00-18.00 horas

Equipamentos de protección persoal II. Saúde laboral II.

Día 22.12.2014

18.00-18.30 horas

Equipamentos de protección persoal III. Saúde laboral III.

18.30-20.00 horas

Exercicios prácticos, repaso e resolución de dúbidas.

20.00-20.15 horas

Descanso.

20.15-21.30 horas

Exercicios prácticos, repaso e resolución de dúbidas.

21.30-22.30 horas

Realización do exame.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas: decembro 2014: 10, 11, 12, 13, 15, 16, 17, 18, 19, 20 e 22.

Lugar de realizaciónn do curso:

Academia A Mariña

Avenida Arcadio Pardiñas, nº 44, entresollado

27880 Burela (Lugo)

Duración: 60 horas teórico/prácticas.

Horario: de luns a venres das 18.00 ás 22.30 horas, os sábados das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 18.00 horas.

Nº de prazas: máximo de 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición a Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo), a atención de Ramón Hermida Pumares.

Teléfono: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, xunto coa fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Nome e apelidos....................................................................................................................

Data de nacemento................................................................................................................

NIF/DNI..................................................................................................................................

Enderezo................................................................................................................................

CP................................................................Localidade..........................................................

Teléfono......................................................Correo electrónico..............................................