Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de novembro de 2014 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 92/2014, no expediente de reposición da legalidade número IU2/135/2012, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario número 92/2014, interposto por Manuel González Cidrás, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/135/2012, pola que declaran ilegalizables as obras executadas sen autorización urbanística, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar e dúas edificacións auxiliares para usos residenciais, no lugar de Miñán, San Tomé de Piñeiro, concello de Marín, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Polo exposto, mediante a presente resolución emprázase a Úrsula González Martínez para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística