Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos (expediente PO-350/13 NL e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que de seguido se relaciona, a que non se lle puido facer por correo certificado, as resolución ditadas nos expedientes de multa, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Abanca, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 16 de outubro de 2014

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expte.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Iván Bravo Barros

76933653-X

PO-350/13 NL

Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Padres Pasionistas, 14, 36650 Caldas de Reis

Arquivo e reinicio novo expte. sancionador

Caballi de Cambados, C.B.

E-36537249

PO-139/14

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Praza do Castriño, 16, 36630 Cambados

Multa de 150 €

Sergio González Casais

35302966-J

PO-201/14

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Santa Lucía, Rúa 1, 39, 36660 Moraña

Multa de 150 €