Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de novembro de 2014 pola que se acorda a suspensión da poxa pública para a venda dun inmoble situado no concello de Vilarmaior.

O 6 de novembro de 2014 anunciouse no Diario Oficial de Galicia número 213, e no diario La Voz de Galicia a realización dunha poxa pública para o día 2 de decembro de 2014, no Edificio Administrativo da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña, co obxecto de proceder á venda de varios inmobles situados nos concellos da Coruña, Coirós, Vilarmaior, Santiso e Ponteceso.

En particular, anunciouse a venda do inmoble situado en Doroña, lugar da Greleira, concello de Vilarmaior.

O 10 de novembro de 2014 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas solicitou a suspensión do procedemento de venda por motivo de interese público, posto que existe unha actuación programada con motivo da mellora da intersección no p.q. 3+530 da AC-151 que afecta a dito inmoble.

Na súa virtude, de conformidade co artigo 66.2º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Acordar a suspensión por motivo de interese público do procedemento de venda do seguinte inmoble:

Soar de 409,50 m2 sobre o cal se asenta unha vivenda de planta baixa de 109 m2 e faiado de 44 m2, no lugar da Greleira, Doroña, concello de Vilarmaior. Estrema o conxunto: norte, estrada AC-151; sur, herdeiros de Juan Núñez Corral, hoxe Mª Carmen Vázquez Núñez; leste, Eugenio Brañas Mahía, hoxe María Brañas Varela; e oeste, Concepción Álvarez Fernández. Referencia catastral: 001101700NJ70C0001YZ. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume como predio nº 3.857, no tomo 1.114, no libro 35, folio 68.

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda