Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fan públicas resolucións correspondentes a expedientes de reintegro de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 3 de octubre de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Empresa: Eurodental División Laboratorio, S.L.

NIF: B36844553.

Nº de expediente: 2013/3-5.

Último enderezo coñecido: r/ Islas Baleares, 23 baixo, 36203 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: Orde do 21 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención de custo salarial para o mantemento de postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade en centros especiais de emprego de Galicia.

Contido da resolución: resolución revogatoria.