Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 21 de novembro de 2014 Páx. 48312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2014/116-1 e tres máis.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a seguir sen que fose posible, polo que, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles por medio desta cédula as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpor recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, e advírteselles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

En cumprimento do artigo 61 da antedita LRXAP e PAC, comunícaselles que neste mesmo prazo poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, centro comercial Elviña, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do acto.

Expediente nº: RL 2014/116-1.

Acta inf. nº: I152014000035889.

Empresa: Aldea Directo, S.L.

NIF: B70234943.

Enderezo: rolda de Outeiro, 251, baixo, 15010 A Coruña.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigo 35.5 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, do Estatuto dos traballadores (ET).

Tipificación: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 22 de agosto de 2014.

Resolución: anular a acta de infracción a Aldea Directo, S.L. por erro na descrición do feito infractor, que poderá emendarse nunha nova acta.

Expediente nº: RL 2014/117-1.

Acta inf. nº: I152014000035990.

Empresa: Aldea Directo, S.L.

NIF: B70234943.

Enderezo: rolda de Outeiro, 251, baixo, 15010 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 4 e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores (ET), e artigo 19.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Tipificación: artigo 12.8 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 22 de agosto de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impor a Aldea Directo, S.L. unha sanción por importe de dous mil douscentos corenta e seis euros (2.246 €).

Expediente nº: RL 2014/173-1.

Acta inf. nº: I152014000036903.

Empresa: Alejandro Rivademar Fernández.

NIF: 52934931V.

Enderezo: rúa O Porto, 120, baixo, 15966 Ribeira.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigos 34.1 e 6 e 35.5 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores (ET); artigos 14 e 15 do Convenio colectivo de hostalaría da provincia da Coruña 2011-2015.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 9 de setembro de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impor a Alejandro Rivademar Fernández unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta euros (1.250 €).

Expediente nº: RL 2014/183-1.

Acta inf. nº: I152014000040034.

Empresa: Maderas Ovidio, S.L.

NIF: B70265889.

Enderezo: rúa Pardiñeiros, 20, 1º C, 15895 Ames.

Materia: obstrución.

Normativa infrinxida: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Tipificación: artigo 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, de acordo co establecido no artigo 39.6 do dito texto legal.

Data da resolución: 1 de setembro de 2014.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer a Maderas Ovidio, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

A Coruña, 27 de outubro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña