Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente ANP-OU-27/2014-V e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1ª planta (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 28 de outubro de 2014

P.S. (Resolución do 22.5.2013)
Juan José Gómez Fernández
Xefe do Servizo de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANP-OU-27/2014-V.

Interesado: Manuel Fernández Pérez.

Acto de notificación: incoación de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-30/2014-V.

Interesado: Gheorge Rosca.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-89/2014-V.

Interesado: Costel Trifan.

Acto de notificación: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-94/2014-V.

Interesado: Almor Gelcino Vaz Gómez.

Acto de notificación: incoación de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-121/2014-V.

Interesado: Paulo Alexandre dos Santos Barreira.

Acto de notificación: incoación de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-142/2014-V.

Interesado: Antonio Taboada Martínez.

Acto de notificación: incoación de procedemento sancionador.