Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 outubro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-CO-0104-2014-V e catro máis, por infracción da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentadas as notificacións persoais dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 30 de outubro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: ANP-CO-0104/2014-V.

Denunciado: Carlos Figueira Fernández.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0106/2014-V.

Denunciado: Marcos Leonardo Báez Milán.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0107/2014-V.

Denunciado: Antonio Salazar Montoya.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0112/2014-V.

Denunciado: José Ángel Ruibal Castro.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Expediente: ANP-CO-0113/2014-V.

Denunciado: Rogelio Álvaro Fernández Baptista

Acto de notificación: acordo de iniciación.