Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de novembro de 2014 pola que se notifica a resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia Sanc. 12-01-14-01.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao denunciado Recesvinto González Mateos, con último domicilio coñecido na rúa Tomás Bretón núm./km 19, piso P05, porta C, 28806 Madrid, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 9 de outubro de 2014 acordou rexeitar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 21 de agosto de 2014, ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia Sanc. 12-01-14-01.

A citada resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante o xulgado do contecioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Para os efectos do coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e a constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer nas dependencias de Portos de Galicia, situadas no polígono de As Fontiñas, praza de Europa, 5 A-6º (Santiago de Compostela), entre as 9.00 e as 14.00 horas.

E para que conste e lle sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia