De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións sancionadoras de Augas de Galicia, en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos.
Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.
Nos supostos de sanción económica, o seu importe deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.
Unha vez firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sitas no enderezo arriba indicado.
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2014
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia
ANEXO
Expediente |
Interesados |
Enderezo |
Data da resolución |
Sentido da resolución |
Precepto infrinxido |
Cualificación |
Sanción |
DH.D15.43571 |
Marcos Joaquín Bermúdez Rivas |
R/ Namibia, 2, 3º DC, 15172 Oleiros, A Coruña |
27.8.2014 |
Arquivamento |
|||
DH.D15.43758 |
Maderas Díaz, S.L. |
R/ Arcadio Pardiñas, 9 27880 Burela, Lugo |
10.9.2014 |
Infracción |
85.d) LAG |
Leve |
960,00 € |