Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48025

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de formalización de contratos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba (Decreto da Alcaldía nº 76). Data de adxudicación: 7.10.2014. Contratista adxudicataria: Cholo, S.L. Formalización do contrato: 8.10.2014.

Obxecto do contrato: mellora e conservación de vías e rutas de sendeirismo no concello de Vilalba-Lugo.

Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: negociado.

Orzamento de licitación e adxudicación: a) Licitación: 142.765,59 €. Adxudicación: 142.765,59 €, sen IVE.

2. Entidade adxudicadora: Concello de Vilalba (Decreto da Alcaldía nº 81). Data de adxudicación: 15.10.2014. Contratista adxudicataria: J. Sanjurjo Construcciones, S.L. Formalización do contrato: 15.10.2014.

Obxecto do contrato: mellora da praza de abastos do concello de Vilalba (Lugo).

Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: negociado.

Orzamento de licitación e adxudicación: a) Licitación: 174.179,59 €. Adxudicación: 174.179,59 €, sen IVE.

O que se fai público para os efectos de dar cumprimento ao que se establece no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Vilalba, 29 de outubro de 2014

Gerardo Criado Guizán
Alcalde