Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 48023

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de dinamización infantil.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Xuventude.
Nº de expediente: 4156-336.

2. Obxecto do contrato: descrición: desenvolvemento de actividades de dinamización infantil para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro anos. Prórroga: si; dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 524.768 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: sí; as consignadas no punto 8.B, números 2 a 5, da folla de especificacións do contrato.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 10 de novembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación