Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 19 de novembro de 2014 Páx. 47987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de outubro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se notifica a Elaborados Gallegos, S.A. a Resolución do 29 de agosto de 2014, pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2009, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competititiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada Peme I+D e I+D Suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite) (Diario Oficial de Galicia número 130, do 6 de xullo) (expediente CEI-SXT-2014/33).

Unha vez intentada a práctica de varias notificacións, a través do servizo de Correos, da Resolución do 29 de agosto de 2014 pola que se acorda a iniciación do procedemento de reintegro total da subvención concedida a Elaborados Gallegos, S.A. en 2009, non foi posible realizalas, polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A interesada poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Polo anterior, e de conformidade co establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselle á interesada un prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, co fin de que poida facer as alegacións e presentar os documentos e xustificantes que considere oportunos para a defensa dos seus intereses.

De acordo co artigo 35 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, esta resolución interrompe o prazo de prescrición do que dispón a Administración para exixir o reintegro total da subvención concedida á interesada.

O artigo 38.5 da citada lei establece que o prazo para resolver este procedemento será de 12 meses desde a data do acordo de iniciación. Se transcorre dito prazo para resolver sen que se notifique a resolución expresa, producirase a caducidade do procedemento.

Persoa xurídica á cal vai dirixida esta notificación:

Elaborados Gallegos, S.A. CIF: A36752202.

Último enderezo coñecido: Polígono Industrial de Amoedo Parcelo 2, 36841 Pazos de Borbén, Pontevedra.

Data da resolución: 29 de agosto de 2014.

Asunto: expediente CEI-SXT-2014/33. Resolución do 29 de agosto de 2014 pola que se acorda a iniciación de procedemento de reintegro total da subvención concedida a Elaborados Gallegos, S.A. ao abeiro da Orde do 24 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competititiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada Peme I+D e I+D Suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite).

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria