Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47765

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2982/2014).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número un da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 2982/2014, seguido por instancia de Santiago Vázquez Conde contra o Fogasa e Adega do Emilio, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Estimando o recurso de suplicación interposto por Santiago Vázquez Conde contra a sentenza do 24 de abril de 2014, do Xulgado do Social número 1 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Adega do Emilio, Sociedad Limitada, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a Sala revógaa e, con estimación das demandas acumuladas, declaramos a improcedencia do despedimento tácito e a extinción da relación laboral con efectos da data da sentenza de instancia e, en consecuencia, condenamos a empresa demandada a aboar ao traballador demandante unha indemnización de 6.984,88 euros máis a cantidade de 8.317,85 euros en concepto de salarios, cos xuros legais correspondentes.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Adega do Emilio, S.L., con último domicilio coñecido na avenida das Caldas, 11, 1º B, Ourense, advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de outubro de 2014

A secretaria xudicial