Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 4 de novembro de 2014, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e cancelación da inscrición de varios establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

O titular dispón dun prazo de quince (15) días para facer as alegacións que considere pertinentes e poderá examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 4 de novembro de 2014

María Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Casa de Aldea Casa Amadora.

Titular: José Ramón Vizcaíno García.

Enderezo: Bragaña, s/n.

Concello: Toques.

Establecemento: Restaurante Amadora.

Titular: José Ramón Vizcaíno García.

Enderezo: Bragaña, s/n.

Concello: Toques.