Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras, por procedemento negociado sen publicidade e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado, de construción de senda peonil na estrada PO-552 Vigo-A Ramallosa, punto quilométrico 8+160 ao 8+870 (Nigrán) (clave PO/13/003.06) (expediente E/038/2014).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, ao abeiro das competencias atribuídas polo Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas, resolveu formalizar o seguinte contrato administrativo de obras:

Construción de senda peonil, estrada PO-552 Vigo-A Ramallosa, p.q. 8+160
ao 8+870 (Nigrán). Clave: PO/13/003.06. Expediente: E/038/2014.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Número de expediente: clave: PO/13/003.06 (E/038/2014).

2. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp? N=21444

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: construción de senda peonil, estrada PO-552 Vigo-A Ramallosa,
p.q. 8+160 ao 8+870 (Nigrán).

c) CPV: 45233000-9.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

5. Valor estimado do contrato: 138.456,76 €.

6. Orzamento base de licitación: importe neto: 138.456,76 €. Importe total: 167.532,68 €.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de outubro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 28 de outubro de 2014.

c) Adxudicataria: Construccións, Obras e Viais, S.A. (COVSA).

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 116.857,51 €. Importe total: 141.397,59 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas