O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
Renovar o mandato dos seguintes vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo:
– En representación da Administración xeral do Estado:
Juan José Vázquez Seijas.
– En representación do Concello de Vigo:
Abel Caballero Álvarez.
– En representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación:
José García Costas.
– En representación das organizacións empresariais:
José Manuel Fernández Alvariño.
– En representación do sector pesqueiro:
Francisco Javier Touza Touza.
– En representación da Comunidade Autónoma de Galicia:
José Ramón Lete Lasa.
Juan Carlos Maneiro Cadillo.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar