Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47791

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2014/147-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT TIB 810 en Portela.

Situación: Barro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 110 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000-22 e final no apoio existente 2(HV 400-11). LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 18 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1000-13, no inicio da derivación aos CCTT Parada e Laxe, e final no apoio HVH-1600-11 proxectado como fin de liña. LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 152 metros de lonxitude, con orixe no P.A.S. no apoio HVH-1600-11 proxectado e final no P.A.S. no apoio proxectado HVH-2500-13. Retensado dun van aéreo de 67 metros, contiguo ao apoio HVH-2500-13. A instalación está situada en Portela, Barro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 22 de outubro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra