Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47757

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 4 de novembro de 2014 pola que se exclúen dúas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG número 122, do 28 de xuño).

En virtude da Resolución do 19 de novembro de 2013 (DOG número 225, do 25 de novembro), aprobáronse e fixéronse públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de enxeñeiros/as industriais.

Unha vez advertido que dúas aspirantes incluídas como admitidas con carácter definitivo na dita resolución non cumprían o requisito de titulación exixido na Orde do 20 de xuño de 2013 para participar no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de enxeñeiros/as industriais, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Excluír as aspirantes Patricia Simal Campos, con DNI 44081052B, e María Luisa Villares González, con DNI 46899893H, do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG número 122, do 28 de xuño).

Segundo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda