Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, do contrato de servizo de limpeza e recollida de residuos dos portos dependentes da Zona Centro, suxeito a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os servizos obxecto do presente contrato están definidos na cláusula 2 do prego de prescricións técnicas particulares (PPT), e comprenden as actividades de limpeza xeral dos portos, a recollida de todo tipo de residuos e dos subprodutos da pesca e o seu transporte para o tratamento que corresponda segundo o tipo de residuos ás plantas de tratamento debidamente autorizadas de acordo coa lexislación ambiental vixente en cada momento, o tratamento dos ditos residuos e subprodutos da pesca nas citadas plantas, a limpeza da lámina de auga dos portos, a desratización das zonas portuarias, a roza da maleza e corte da herba, a limpeza de sumidoiros, pozos e arquetas de rexistro e foxos. Tamén se fará a limpeza das oficinas, dependencias portuarias, básculas, locais e instalacións de vixilancia do código P.B.I.P. e locais de estiba pertencentes a Portos de Galicia, así como dos canlóns e baixantes de recollida de augas pluviais dos edificios portuarios que se indican no prego e o baleirado e recollida das papeleiras instaladas nas zonas portuarias.

b) Lugar de execución ou de entrega dos bens: recintos portuarios do ente público Portos de Galicia situados na súa zona centro.

c) Valor estimado do contrato: 3.733.324,42 euros, IVE excluído (equivalente ao orzamento de licitación mais a eventual prórroga de contrato por un ano e incrementado nun 10 %, para modificacións previstas no punto 24 do cadro de características do contrato –CCC–).

d) Orzamento base de licitación: dous millóns douscentos sesenta e dous mil seiscentos vinte euros con oitenta e seis céntimos (2.262.620,86 €), IVE excluído.

e) Importe do IVE (10 %): 226.262,09 euros.

f) Prazo de execución: dous anos con posibilidade de prórroga por un ano máis.

g) División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. Expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Solicitude de información e consultas sobre os pregos: faranse a través de correo electrónico dirixidos á seguinte conta de correo: concha@portosdegalicia.com

Teléfono: 981 95 70 25.

b) Obtención de documentación: o PCAP e o CCC poderanse obter nos seguintes enderezos:

– Entidade pública Portos de Galicia:

– Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º, Área Central, polígono das Fontiñas.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.

– Teléfono: 981 95 70 25.

– Perfil de contratante na web: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21456

Neste perfil poderase facer o seguimento das diversas fases do procedemento de contratación.

– Web do órgano de contratación: www.portosdegalicia.es

c) A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

– Grupo U (servizos xerais); subgrupo 1: servizos de limpeza en xeral; categoría D.

– Grupo R (servizos de transportes); subgrupo 5: recollida e transporte de toda clase de residuos; categoría C.

b) Solvencia económica e financeira: só no caso de que non proceda clasificación.

c) Solvencia técnica o profesional:

No caso de que se empregue a xustificación desta solvencia mediante unha relación dos principais servizos ou traballos similares aos que son obxecto da presente contratación, realizados nos últimos cinco anos, especificando o título da contratación, a data de contratación, o importe total certificado en cada anualidade (de ser o caso) e os beneficiarios públicos ou privados destes, os limiares económicos específicos e mínimos que deberán acadar os volumes de contratos de servizos deberán ser superiores en importe acumulado nos tres anos, ao 50 % do orzamento base de licitación sen IVE.

d) Outros requisitos de capacidade:

Ver cláusulas do PCAP 4.2.2.1. Residuos non perigosos e 4.2.2.2. Residuos perigosos.

e) Requisitos específicos que se lle exixirán ao adxudicatario do servizo:

1º. O licitador que resulte adxudicatario do servizo deberá presentar, antes da sinatura do contrato, copia compulsada dos contratos definitivos formalizados co xestor ou xestores autorizados para garantir o tratamento axeitado dos residuos recollidos.

2º. O licitador que resulte adxudicatario do servizo está obrigado a subscribir un seguro de responsabilidade civil e de danos fronte a terceiros e fronte a Portos de Galicia e o seu persoal cunha compañía de acreditada solvencia e experiencia no ramo, por un importe mínimo de seiscentos mil euros (600.000,00 €) por sinistro e deberá presentar, antes da formalización do contrato, copia compulsada da póliza concertada.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día 2 de xaneiro de 2015.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no número 12 do CCC e nos números 1 a 3 da cláusula 4 do PCAP.

c) Lugar da presentación:

– Entidade: as proposicións presentaranse, en tres (3) sobres pechados, no Rexistro Central da entidade pública Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º, Área Central, polígono das Fontiñas.

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.

– Teléfono: 902 40 08 70.

– Fax: 981 54 53 24.

Tamén se poderán presentar por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.6 do PCAP.

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas, en virtude do disposto nos números 2 e 4 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: criterios de valoración establecidos no número 14 do CCC.

f) Variantes: non se admiten.

g) Melloras: neste procedemento, os licitadores poderán ofertar melloras sobre as condicións mínimas obrigatorias indicadas no prego de prescricións técnicas do contrato (PPT). Estas melloras poderán referirse aos seguintes aspectos.

– Melloras nas frecuencias dos servizos sobre ás mínimas establecidas no PPT.

– Incremento das medidas de reutilización ou valorización (en especial a reciclaxe) sobre as mínimas recollidas no PPT.

– Subministración de materiais (contedores, papeleiras, depósitos, etc.).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da entidade pública Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, nº 5-A, 6º, Área Central, polígono das Fontiñas.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15707.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas económicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización do acto público de apertura de proposicións, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.1 do PCAP, comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A) e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio de licitación do contrato ao Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE): 12 de novembro de 2014.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia