Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 18 de novembro de 2014 Páx. 47842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2014 pola que se acorda a emenda e aclaración da licitación da contratación das obras de pantaláns para a frota mexilloeira no porto de Moaña (Pontevedra) (clave de expediente 13/2014-CNTOB).

Primeiro. Con data do 8.10.2014 foi publicada no DOG a convocatoria do procedemento de licitación para a contratación e execución da obra de pantaláns para a frota mexilloeira no porto de Moaña (Pontevedra), clave de expediente 13/2014-CNTOB, e o prazo de presentación de proposicións rematou o pasado día 3.11.2014.

Segundo. Con data do 3.11.2014 a empresa Aister - Aislamientos Térmicos de Galicia, S.A., alegou que:

No punto 3. Estudo xeolóxico e xeotécnico da memoria do proxecto se cita textualmente «Realizouse unha exploración dos fondos, que se xunta no correspondente anexo»; así mesmo, no punto 12. Documentos do proxecto da citada memoria menciónase a existencia dun anexo número 5 Exploración submarina.

En ambos os casos, os documentos mencionados na memoria no están incluídos no proxecto, polo que se fai inviable a correcta valoración das estacas de fincar por descoñecemento dos terreos.

Considerando o deber de igualdade de trato, non discriminación, publicidade, transparencia e concorrencia que informan a actividade de contratación pública conforme as directivas europeas na materia e o texto refundido da Lei de contratos do sector público, visto o exposto, ao abeiro das facultade previstas no artigo 6.3 da Lei de creación de portos de Galicia 5/1994, do 29 de novembro,

ACORDO:

Primeiro. Dispor a emenda da omisión da posta á disposición dos licitadores interesados do documento de anexo número 5 Exploración submarina que forma o proxecto das obras de pantaláns para a frota mexilloeira no porto de Moaña (Pontevedra), clave de expediente 13/2014-CNTOB.

Segundo. Acordar a publicación desta emenda no/s diario/s oficial/ais que corresponda/n, establecendo un novo e íntegro prazo de presentación de proposicións de 26 días naturais contados desde a publicación no diario oficial desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia