Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47707

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de acordo de cambio de uso de parcela municipal (631/214/2014).

O Pleno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 6 de outubro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Cambiar o uso da parcela municipal incluída no API-R31, sector S-6, parque de Eirís, con referencia catastral 9493204NH4999S0001MY, de 8.026 m2 de superficie, de uso docente ED (Pb), a equipamento de continxencia EQ (Pb), en ambos os dous casos de titularidade pública.

Segundo. Publicar este acordo no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificarlles este acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico, así como á oficina do SIX de Planeamento».

Contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación ou, de ser o caso, notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

Non obstante poderá interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 16 de outubro de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo