1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: S-25/2014.
2. Obxecto do contrato: subministración, por lotes, de combustible de calefacción, gasóleo C, para o Servizo de Bombeiros e o Servizo de Urbanismo do Concello da Coruña. Duración: catro anos prorrogables por outros dous.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: lote 1 (para o Servizo de Bombeiros), 28.000 €; lote 2 (para o Servizo de Urbanismo), 7.525 € (anuais e co IVA incluído nos dous casos).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2º.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de clásulas administrativas.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 10 de novembro de 2014
P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública