Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47624

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (588/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 588/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel García Núñez contra a empresa Servinoia, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por José Manuel García Núñez, contra Servinoia, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a suma de 3.315,73 euros máis os xuros do artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, e debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante esa cantidade e xuros polos conceptos e co detalle efectuados no feito probado cuarto da presente resolución.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá interpor no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servinoia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2014

A secretaria xudicial