Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47622

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (341/2012).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 341/2012, por instancia de Mercedes Prado Alvaredo contra a empresa María Manuela García Fraga sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 15.9.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Mercedes Prado Alvaredo contra a empresa María Manuela García Fraga e, en consecuencia:

– Condénase a empresa María Manuela García Fraga a lle aboar á demandante a cantidade de dous mil trescentos corenta e tres euros con cincuenta e oito céntimos de euro (2.343,58 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa María Manuela García Fraga, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de outubro de 2014

O secretario xudicial