Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 17 de novembro de 2014 Páx. 47669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 3 de novembro de 2014 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 2011-PR/033.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no enderezo da solicitude da subvención en dous intentos e ao non ser retirada das oficinas de Correos no prazo de sete días, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Axencia Galega das Industrias Culturais, sita na Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, en Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2014

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Expediente: 2011-PR/033.

Interesado: Ángel de la Cruz Blanco (Artemática, S.L.U.).

Acto de notificación: resolución do procedemento de reintegro.