Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2014 pola que se notifican as resolucións ditadas en varios expedientes.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente resolución notifícase aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRXPAC. Advírtese aos interesados que contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2008.1.138

Nuygon Estructuras Metálicas, S.L.L.

Axudas a proxectos empresariais de novos emprendedores (Resolución do 12 de marzo de 2008, DOG núm. 55, do 18 de marzo)

16.9.2014

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición

IG107.2014.1.161

El Pingallo de

Alberto, S.L.

Axudas a proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (Galicia Emprende) (Resolución do 5 de decembro de 2014, DOG núm. 238, do 13 de decembro)

30.9.2014

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición

IG127.2010.2.228

Agrupación Empresarial Innovadora de Restauración Hospedaje y Turismo de Galicia

Axudas á adopción de novos modelos empresariais innovadores cofinanciadas polo Feder (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG núm. 100, do 28 de maio e Resolución do 10 de marzo de 2011, DOG núm. 63, do 30 de marzo)

28.7.2014

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición

IG128.2010.2.65

Agrupación Empresarial Innovadora de Restauración Hospedaje y Turismo de Galicia

Axudas a diagnósticos integrais de situación e elaboración e implantacións de plans estratéxicos cofinanciadas polo Feder (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG núm. 100, do 28 de maio e Resolución do 10 de marzo de 2011, DOG núm. 63, do 30 de marzo)

15.7.2014

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición

IG173.2012.1.78

Mec Apak Services, S.L.

Axudas á internacionalización das empresas galegas: liña prospección internacional (Resolución do 24 de febreiro de 2012, DOG núm. 41, do 28 de febreiro)

16.9.2014

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición

IG173.2013.1.58

Amytra Import

Export, S.L.

Axudas á internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013: liña prospección internacional (Resolución do 20 de xuño de 2013, DOG núm. 24, do 2 de xullo)

16.9.2014

Director xeral do Igape

Resolución de recurso de reposición