Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de outubro de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/53/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 1 de outubro de 2014, ditou resolución:

1. Pola que declara que a actividade de almacenamento, depósito de vehículos e comercialización de material de despezamento propia dun taller que se desenvolve mediante a instalación dunhas estruturas metálicas, nas parcelas 116 e 117 do polígono 57, no lugar de Quintáns, parroquia de Simes, no termo municipal de Meaño, é unha actividade ilegalizable.

2. Pola que se ordena a paralización inmediata da actividade descrita no parágrafo primeiro e a demolición ou retirada das ditas estruturas citadas no dito parágrafo e a reposición da legalidade urbanística dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras e da actividade desenvolvida á súa custa.

3. Pola que se declara que as obras de construción dunha planta baixa vinculada ao uso de taller, nas parcelas 250 e 251 do polígono 64, no lugar de Quintáns, parroquia de Simes, no termo municipal de Meaño, son ilegalizables.

4. Pola que se ordena a demolición das obras descritas no parágrafo terceiro á súa custa e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar.

As anteriores ordes contidas nos parágrafos segundo e cuarto desta resolución deberán ser executadas no prazo de tres meses contados desde a notificación da presente resolución, e daráselle conta á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

5. Pola que se resolve dar traslado á persoa titular da alcaldía do Concello de Meaño do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/53/2013, incoado en relación coas obras de cerramento de predio cun muro de pedra na fachada e muro de bloque revestido nos demais ventos e o estacionamento de vehículos no interior do predio para que, no exercicio das súas competencias, adopte todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, segundo o disposto no capítulo III do título IV da LOUG.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Vicente Souto Castro, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística