Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 14 de novembro de 2014 Páx. 47563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2014 pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos, procedemento ordinario 4290/2014, interposto pola asociación Defende o Monte Pituco, e procedemento ordinario 4298/2014, interposto por Hermindo Álvarez Fernández e José Manuel Bugallo Rivas, contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de abril de 2014, de aprobación definitiva do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia e das súas disposicións normativas (Diario Oficial de Galicia número 101, do 28 de maio).

O Tribunal Superior de Xustiza, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, remitiu a esta Administración dous oficios polos que se solicitan os expedientes administrativos relativos aos recursos contencioso-administrativos, procedemento ordinario 4290/2014 interposto pola asociación Defende o Monte Pituco e o procedemento ordinario 4298/2014 interposto por Herminio Álvarez Fernández e José Manuel Bugallo Rivas contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de abril de 2014, de aprobación definitiva do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia e das súas disposicións normativas (DOG núm. 101, do 28 de maio).

En consecuencia, acórdase nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión a ese tribunal do correspondente expediente administrativo, común para os referidos procedementos, o cal se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos procedementos citados, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda, no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2014

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo