Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 13 de novembro de 2014 Páx. 47211

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 141/2014, do 30 de outubro, polo que se dispón o nomeamento de Otilia Mourelo Barreiro como membro do Consello Escolar de Galicia.

De acordo co establecido na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia, e de conformidade co disposto nos artigos 5 e 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia; nos artigos 9 e 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei; no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trinta de outubro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Artigo 1

Noméase membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas na Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación das centrais sindicais, proposto pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F), a Otilia Mourelo Barreiro.

Artigo 2

O mandato do novo membro será por catro anos.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de outubro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria